Asinar o compromiso #30DíasEnBici ten premio na Coruña

Xa está aberto o Compromiso e este ano ten premio asegurado se resides na área metropolitana da Coruña.
Así, desde a asociación por unha mobilidade responsable, Mobi-liza, ofrecémosche unha serie de obsequios polo mero feito de comprometerte a andar en bici os 30 días do mes de abril. Son os seguintes:
- Unitinerario mapeado (tranquilo e seguro) ao teu centro de traballo, de estudos ou ao lugar que desexes. Ti disnos o punto de partida e o de destino, nós buscámosche a alternativa máis tranquila e segura para ir en bici, e mapeámoscha en diferentes formatos para que a poidas descargar e seguir.
- Unha revisión da túa bicicletano taller social Reciclos. Vén ao taller social un martes pola tarde e axudámosche a poñer a punto a túa bicicleta, ao tiempo que compartimos experiencias e coñecementos sobre mecánica da bici.
- Un adhesivo“un coche menos” e unha matrícula elaborada con materiais reutilizados co lema “no-oil” para que poidas personalizar a túa bicicleta.
Se queres desfrutar destes obsequios, tes dúas opcións: vir un martes pola tarde (de 17:30 a 21:00) ao taller social Reciclos, rúa Víctor Fernández, s/n e mostrarnos o compromiso firmado, ou contactarnos por correo electrónico a amobiliza@gmail.com.