Bicletada polo Día Internacional da Concienciación sobre o Ruído

Este día internacional que se celebra o día 28 de abril, dende o 1996, busca alertar ás persoas sobre os riscos da contaminación acústica. Ruído é un son sen harmonía nin ritmo que se define como desagradable e molesto para o oído. Ademais, cando supera o umbral recomendable, de forma repetida/constane no tempo, afecta á saúde e ao medio ambiente. O tráfico rodado é unha das principais fontes de ruído nas cidades.

Entre os beneficios de andar en bicicleta encóntrase a nula contaminación acústica, por iso convocamos á cidadanía a un roteiro, guiado pola Asociación Mobi-liza, para concienciarnos sobre este problema, complexo porque moitas veces só somos conscientes dunha parte dos efectos que produce o ruído (canod nos impide durmir, por exemplo) pero moitas veces as molestias van causando deterioro na saúde tanto física como psicolóxica.

Será un roteiro circular que sairá da Praza de María Pita ás 19:00, avanzará polo carril-bici pasando polo Campus Universitario con paradas interpretativas, con final novamente na Praza María Pita. A dificultade é baixa e a duración aproximada é de 1,5 horas.

Data: 28 de abril de 2021

Hora e punto de encontro: 19:00h, Praza María Pita

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.