Firmar o Compromiso 2021 ten premio na Coruña

 

Xa está aberto o Compromiso e este ano ten premio asegurado se resides na área metropolitana da Coruña.

Así, desde a asociación por unha mobilidade responsable, Mobi-liza, ofrecémosche unha serie de obsequios polo mero feito de comprometerte a andar en bici os 30 días do mes de abril. Son os seguintes:

  1. Un itinerario mapeado (tranquilo e seguro) ao teu centro de traballo, de estudos ou ao lugar que desexes. Ti disnos o punto de partida e o de destino, nós buscámosche a alternativa máis tranquila e segura para ir en bici, e mapeámoscha en diferentes formatos para que a poidas descargar e seguir.
  2. Unha revisión da túa bicicleta no taller social Reciclos. Vén ao taller social un martes pola tarde e axudámosche a poñer a punto a túa bicicleta, ao tiempo que compartimos experiencias e coñecementos sobre mecánica da bici.
  3. Un adhesivo «un coche menos» e unha matrícula elaborada con materiais reutilizados co lema «no-oil» para que poidas personalizar a túa bicicleta.
Obsequios de la asociación Mobi-liza a quien firme el compromiso 30 días en bici

Se queres desfrutar destes obsequios, tes dúas opcións: vir un martes pola tarde (de 17:30 a 21:00) ao taller social Reciclos, rúa Víctor Fernández, s/n e mostrarnos o compromiso firmado, ou contactarnos por correo electrónico a amobiliza@gmail.com.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidad

Esta web utiliza muy pocas cookies que son exclusivamente para ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible.

Como sabes, la información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.