Obradoiros de manexo da bici e mecánica básica

Con motivo dos 30 días en Bici, dende a Escola da Bici (iniciativa impulsada por Mobi-liza, asociación por unha mobilidade responsable) imos facer uns obradoiros na rúa San Andrés o próximo domingo 25 de abril entre as 16:30 e as 19:30. Estes obradoiros serán de manexo da bicicleta, mecánica básica e ergonomía.

Serán gratuítos e abertos a toda a cidadanía, sendo realizados en colaboración co Concello da Coruña. Se ben non é necesaria a inscrición, agradecemos que as persoas que vaian participar cubran o seguinte formulario coa finalidade de estimar o número de participantes e poder garantir as medidas de seguridade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *